Memorias USB de Verbatim para escoitar música no automóbil

mércores, 16 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Estas memorias USB de Verbatim teñen un tamaño moi reducido

Pensando nos equipos musicais dos automóbiles que reproducen música en MP3 e outros formatos a partir de unidades de memoria USB levou a Verbatim a comercializar as súas memorias Store ‘n’ Go Audio USB, que cunhas medidas de só 14,85 x 17,15 x 7,7 milímetros que só sobresaen 5 milímetros ao estar conectadas a un porto USB, de xeito que resultan case invisibles.
Aínda que este tipo de unidades non son unha grande novidade, Verbatim venderá unha de 8 Gb orientada ao seu uso en coches a un prezo de 15 euros, en vez de promover a súa compra entre usuarios de ordenadores portátiles (entre os que tamén son populares estas memorias de tamaño reducido, por non ser precisa a súa extracción durante o transporte dos equipos).

PUBLICIDADE