Meraki anuncia o primeiro repetidor exterior Wi-Fi que funciona con enerxÃa solar
martes, 5 de xuño do 2007
Meraki quere satisfacer a demanda de equipamento
para a instalación de redes sen fÃos en comunidades e veciñanzas (asà coma no
rural) que elimina unha limitación habitual noutras instalacións: a dependencia
de infraestruturas eléctricas.
AsÃ, Meraki
conta cun repetidor Wi-Fi que funciona cun panel solar e que se venderá por
99 dólares, de xeito que se pode colocar nos exteriores dos edificios reducindo
substancialmente as labores de instalación e mantemento e permitindo dar
cobertura a redes sen fÃos a distancias de ata 213 metros (usándose en
combinación co Meraki
Mini) que poderÃan chegar ós 29 quilómetros de establecer comunicacións con antenas direccionais.
Este interesante dispositivo sairá no verán, cando se coñecerá tamén o prezo do
panel solar necesario para alimentar este repetidor exterior (prometendo a
compañÃa un prezo competitivo).