Meta presenta Llama 2

martes, 18 de xullo do 2023 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos meses asociemos os grandes modelos de linguaxe con OpenAI e Google, unha das compañías mellor posicionadas nestes avances é Meta, que conseguiu atraer a moitos desenvolvedores a raíz da filtración do seu modelo, Llama, que agora chega a súa segunda versión como grande modelo de lingua de código aberto.
Llama 2 é de balde para investigadores e para uso comercial, de aí que resulte tan interesante e, curiosamente, unha das compañías que está a apoiar a Meta nesta iniciativa é Microsoft, que pese a estar moi ligada a OpenAI, tamén é un socio preferente de Meta para Llama 2, facendo que estea dispoñible no catálogo de modelos de intelixencia artificial de Azure, de xeito que os desenvolvedores que queiran facer uso desta tecnoloxía poderán tirar proveito dos servidores de Microsoft (aínda que cómpre salientar que tamén estará dispoñible nos de Amazon e nos de outros provedores).
Con Llama 2 temos unha tecnoloxía que pode converterse en todo un referente para a industria, de xeito que a loita entre a tecnoloxía de Google e a de OpenAI pode rematar véndose eclipsada polas alternativas libres, máis accesibles e con maiores posibilidades para a súa diversificación.

PUBLICIDADE