Meta presenta os seus avances en IA e realidade estendida
mércores, 25 de setembro do 2024
O evento Connect de Meta non se limitou a presentar o seu novo visor de realidade estendida, senón que tamén se aproveitou para avanzar novidades da intelixencia artificial de Meta e dos avances en wearables, nos que a compañÃa de Mark Zuckerberg está a demostrar a súa forza con produtos moi atractivos e con grande potencial.
Meta AI aposta pola voz
No que respecta á intelixencia artificial anunciaron que Meta AI en Messenger, Facebook WhatsApp e as mensaxes directas de Instagram xa permite que o usuario fale para que o sistema responda a viva voz, destacando o feito de que no futuro poderase elixir entre voces de celebridades como Awkwafina, Judi Dench, John Cena ou Kristen Bell.
Meta AI tamén pode agora responder preguntas sobre fotografÃas e incluso editalas segundo as ordes que lle deamos.
Anuncian que nos EE.UU. será posible traducir de xeito automático o audio dos Reels entre inglés e español nos EE.UU. e América Latina, editando incluso o vÃdeo para a súa sincronización de beizos á vez que a voz sintética imitará a orixinal, facilitando asà a derruba da Torre de Babel.
As lentes Ray-Ban
As lentes Ray-Ban Meta están a ser todo un acerto, ao combinar nun único dispositivo cámara, auriculares e micrófono cos que poder escoitar música, capturar fotografÃas e vÃdeo, realizar chamadas, realizar directos e incluso comunicarse coa intelixencia artificial de Meta, e para celebrar o seu éxito presentan unha edición limitada das lentes Wayfarer con deseño transparente, de xeito que destaca o feito de que estamos ante un produto tecnolóxico (en contraste co resto de modelos, que como grande vantaxe teñen a súa discreción, xa que resultan difÃcil de distinguir dunhas lentes Ray-Ban ordinarias).
O sistema de comunicación por voz das Ray-Ban Meta está a mellorar, gañando en naturalidade; están a introducir a posibilidade de interpretar vÃdeo (para que as lentes poidan axudar interpretando o que temos diante); en breve contará con función de tradución en tempo real de inglés, español, francés e italiano; e, como grande novidade para os usuarios con eivas visuais, veñen de pechar un acordo con Be My Eyes para que unha persoa con problemas de visión poida conectar cun voluntario que poderá ver o que capta a cámara das lentes e asà poder asistir ao usuario indicándolle o que ten diante.
Orion: as lentes de realidade aumentada de Meta
A grande sorpresa da xornada foi, sen lugar a dúbidas, Orion, unhas lentes de realidade aumentada que levarÃan o concepto das Ray-Ban Meta un paso máis adiante ao incorporar tamén un proxector de vÃdeo que permite superpor imaxes sobre a visión do usuario, conseguindo asà unha experiencia que aspira a converterse na realidade estendida que podemos ter cunhas Meta Quest 3, pero coa comodidade dunhas lentes tradicionais que pesan menos de 100 gramos.
Cómpre salientar que Orion non é un produto comercial, senón que simplemente é un prototipo que serve para amosar camiño que está a percorrer Meta, deixando claro que os millonarios investimentos que realizan nestas tecnoloxÃas vai moito máis aló dos videoxogos de realidade virtual, e poden abrir a porta a todo un mundo de produtos e servizos.
Orion non só serÃa o primeiro modelo de lentes de realidade aumentada que se aproxima ao que poderÃa ser un produto comercial, deixando claro que faltan aÃnda uns anos para que a tecnoloxÃa madure até conseguir un produto máis compacto e económico (e con gráficos máis definidos), resultando curioso o feito de que, como complemento, tamén desenvolveron unha pulseira electromigráfica que rexistra os movementos da man sen que teñamos que mantela diante da nosa vista, o que pode converterse nunha revolucionara interface de uso, servindo polo momento de exemplo das moitas innovacións que poden chegar nos vindeiros anos para facilitar a explotación da realidade aumentada no noso dÃa a dÃa.
Para facernos unha idea do revolucionaria que foi a presentación de Orion temos que ter en conta que é un produto que serÃa máis ambicioso que as Vision Pro de Apple, que teñen un formato semellante a unha máscara de mergullo e un prezo que parte dos 4 mil euros, deixando claro que Meta prefire agardar a conseguir un produto comercialmente viable antes de venderllo a usuarios finais como está a facer a compañÃa de Cupertino.
As lentes Orion explicadas en vÃdeo