Microsoft abrirá tendas físicas en Arizona e California

martes, 28 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Unha das imaxes filtradas sobre cómo serán as tendas de Microsoft

Microsoft abrir as súas primeiras tendas físicas de seu en Scottsdale (Arizona) e Mission Viejo (California) que buscarán un novo achegamento ao público, dun xeito a como xa fai Apple coas súas tendas. Posiblemente estes primeiros establecementos tomen certa relevancia co lanzamento de Windows 7, pois servirán coma escaparate das posibilidades do novo sistema operativo de Microsoft, aínda que tampouco hai que esquecer que tamén contarán con espazos dedicados ás liñas de hardware e de videoxogos da compañía de Redmond.
Aínda non se fixo un anuncio oficial destas tendas que abriranse despois do verán, aínda que na canle oficial de Twitter da compañía deron por certas as localizacións das primeiras tendas.