Microsoft adÃa o lanzamento da función Recordar
xoves, 13 de xuño do 2024
Unha das funcións estrela dos equipos Copilot+ PC que chegan ao mercado a semana que vén é que Ãan incluÃr a función Recordar, que mediante IA recompilaba de xeito local a nosa actividade no ordenador para asà poder lembrarnos no futuro detalles sobre o que consultamos no pasado, o que pode supor un importante aforro de tempo e unha ferramenta de grande utilidade. Pero a posibilidade de que se poida comprometer a seguridade desta ferramenta levou a que propuxesen unha serie de melloras, como que estea desactivada de serie ou que conte con capas de protección adicionais para que a información almacenada no equipo só poida estar accesible cando o usuario está diante.
Dado que as novidades que queren introducir en Recordar son bastante profundas, dende Microsoft veñen de anunciar que o lanzamento da versión preliminar desta función non será o vindeiro dÃa 18, senón que tardará varias semanas en chegar a través do programa Windows Insider.
Deste xeito dende Microsoft confÃan en poder preparar a nova función para que cumpra os seus altos estándares de calidade e seguridade, evitando asà a desconfianza dos usuarios, para asà introducirse nunha das moitas prestacións que irán facéndose comúns nos equipos informáticos grazas a unha integración máis profunda e natural da intelixencia artificial.