Microsoft crea en España un Centro de Innovación en IA Responsable

martes, 20 de febreiro do 2024 Redacción

Co obxectivo de acelerar a adopción e o despregamento de proxectos de Intelixencia Artificial e IA xenerativa responsable e segura nas compañías e organizacións públicas españolas, Microsoft anunciou a creación do Responsible AI Innovation Center (RAIIC) en España.
Trátase dunha iniciativa que Microsoft puxo en marcha, xunto con 16 colaboradores estratéxicos, para identificar oportunidades de innovación en IA a gran escala e promover casos de uso en sectores clave de todos os segmentos de mercado, facilitando ás organizacións españolas a súa transformación, mellorando a súa eficiencia e axudándolles a obter o máximo retorno das súas inversións en proxectos de Intelixencia Artificial Responsable.
Accenture, Avanade, Capgemini, DXC Technology, Encamina, EY, Insight, KPMG, Minsait, NTT DATA, Plain Concepts, PwC, SEIDOR, SoftwareOne, Telefónica Tech e Tokiota, son os socios de negocio de Microsoft que forman parte do Responsible AI Innovation Center en España e que a través desta plataforma terán acceso exclusivo a materiais e información estratéxica sobre os desenvolvementos de tecnoloxías e solucións de Microsoft baseados en IA Responsable, así como a formación e certificación en tecnoloxías de IA da compañía.
O novo centro, constituído como unha plataforma de coñecemento e innovación aberta, ofrecerá servizos especializados a empresas e Administracións públicas españolas, incluíndo:
– Obradoiros para a definición e desenvolvemento de casos de uso de IA, con demostracións tecnolóxicas e experiencias inmersivas, que sirvan de impulsos a futuros desenvolvementos.
– Sesións técnicas de deseño de arquitectura tecnolóxica, onde se identifiquen os requisitos técnicos das solucións e proxectos de IA desde o comezo.
– Workshops de prototipado rápido.
– Planificación de estratexias para elaborar unha folla de ruta de alto nivel con casos de uso de IA prioritarios.
– Definición de marcos de desenvolvemento de IA Responsable, compartindo estándares, guías de implementación e boas prácticas de organizacións de todo o mundo.
– Programas de formación específicos en desenvolvemento e implementación de IA.

PUBLICIDADE