Microsoft estrea unha aplicación para ler novas no iPhone
mércores, 27 de xaneiro do 2016
Parece que as novas en dispositivos móbiles está a
converterse nun campo de batalla no que se enfrontan os máis grandes, e non só
Apple News e Flipboard están buscar ser a ferramenta a través da que se
informen os seus usuarios no iPhone, senón que agora sorprende Microsoft
entrando na loita, con News Pro,
unha nova aplicación que pretende ser un xeito cómodo e atractivo de acceder
aos contidos de Bing News en dispositivos móbiles de Apple.
Esta aplicación para iOS
é de balde e, polo momento, só está dispoñible nos EE.UU., onde a competición
deste tipo de aplicacións é onde está a ser máis voraz. Para identificar ao usuarios
a ferramenta de Microsoft opta por usar Facebook e LinkedIn, de xeito que asÃ
pode definir as novas destacadas en función das áreas de traballo e interese do
usuario (deixando sempre que o usuario busque tamén outros artigos e temas).
News Pro é un proxecto de Microsoft Garage, que busca evolucionar e mellorar en
función da resposta do público, pero o feito de que vexa a luz demostra o
interese constante por querer crear contedores de información de actualidade
que collan o relevo ao papel que viñan a ocupar até o momento as cabeceiras de
prensa.