Microsoft pecha a súa tenda de pelÃculas e series de televisión
venres, 18 de xullo do 2025
Os servizos de streaming baixo subscrición levan anos como a forma de consumo preferente para contidos musicais e audiovisuais, e ao igual que a compra de música pasou a ser algo residual, a compra de series de televisión e pelÃculas en formato descargable converteuse a unha práctica aÃnda máis irrelevante, de aà que non sorprenda que Microsoft pechase a súa tenda audiovisual para Xbox e Windows.
O soporte técnico de Microsoft deixa claro que «Microsoft xa non ofrece novo contido de lecer para a compra, incluÃndo pelÃculas e programas de TV, en Microsoft.com, Microsoft Store en Windows e Microsoft Store en Xbox», aÃnda que detallando que o contido adquirido segue dispoñible a través da aplicación PelÃculas y TV en Xbox e equipos con Windows.
Actualmente as plataformas que continúan ofrecendo a compra de pelÃculas e series son bastante poucas, e normalmente combÃnanse con servizos de streaming, como é o caso de Apple e Amazon, que mesturan ambos negocios, descoñecéndose se xa teñen prevista a suspensión das dúas tendas dixitais.
