Microsoft renova o seu portátil máis lixeiro
mércores, 1 de xuño do 2022
A familia de equipos portátiles de Microsoft medra co novo
Surface Laptop Go 2, a evolución do portátil máis lixeiro e económico desta
serie de produtos, buscando asà satisfacer as necesidades de usuarios que
precisan dunha grande mobilidade, como son os estudantes.
O Surface Laptop Go 2 pode reservarse
por un prezo que parte dos 669 euros (para o modelo con 4 GB de RAM e 128
GB de SSD) e chega até os 869 euros (para o modelo con 8 GB de RAM e 256 GB de
SSD). Conta cunha pantalla táctil de 12,4 polgadas cunha relación de aspecto
3:2, un teclado cómodo cun grande trackpad de precisión, un procesador Intel
Core i5 de 11ª xeración, cámara HD, un par de micrófonos de alta sensibilidade,
altofalantes Omnisonic con Dolby Atmos Premium e un peso de só 1.127 gramos, ou
sexa, que estamos ante un equipo válido para ofimática, videoconferencia e uso
en mobilidade (presume dunha autonomÃa de até 13,5 horas), de xeito que pode
ter bastante demanda entre usuarios corporativos e no sector educativo.
Este novo portátil estará dispoñible para as empresas españolas a partir do 7
de xuño, mentres que para o mercado de consumo haberá que agardar até o 19 de
xullo (aÃnda que xa é posible realizar hoxe mesmo a súa reserva).
- O Surface Laptop Go 2 é un portátil moi compacto e lixeiro, que consegue un grande equilibrio entre portabilidade e potencia
VÃdeo de presentación do Surface Laptop Go 2