MixRadio, o servizo de música en streaming agora compatÃbel con Android e iOS
luns, 25 de maio do 2015
Os servizos
de música en streaming están a vivir un auxe nos últimos
tempos. Máis polo miúdo, MixRadio,
un servizo personalizado e de balde, atópase presente en 31 paÃses.
Con só premer un botón MixRadio achega un catálogo de millóns de
cancións, amais de máis de dez mil mesturas creadas por expertos.
Agora, os responsábeis do servizo veñen de lanzalo a unha nova e
numerosa audiencia, expandÃndose
ás plataformas Android e iOS e anunciando un acordo con HTC. A
partir deste intre, os usuarios de dispositivos Android e iOS poderán
gozar de maneira gratuÃta da ampla oferta musical desta radio.
O
repertorio musical que achega MixRadio actualÃzase de xeito continuo
co asesoramento de expertos de todo o mundo e as recomendacións de
artistas de sona internacional. Salienta o grupo de mesturas do
Arenal Sound, onde os amantes do festival poderán escoitar a
todos os grupos que estarán presentes este ano, ou rememorar o
mellor das edicións pasadas.
Asemade,
coa función O meu Mix, os usuarios poderán crear unha canle
persoal adaptada aos seus gustos. Tras realizar unha selección de
estilos musicais e artistas, MixRadio crea unha playlist
especÃfica para ese usuario, que evolúe personalizándose cada vez
máis co obxectivo de achegarlle unha experiencia moi personalizada.
Como
servizo creado por e para o móbil, MixRadio comprende a importancia
dos mixes offline e permite que os usuarios poidan descargar
de balde as súas mesturas favoritas para escoitalas sen conexión a
Internet, en calquera intre e lugar, sen necesidade de gastar datos.
Alén
disto, anúnciase tamén un acordo con HTC, polo cal MixRadio será o
provedor exclusivo de contido musical para a aplicación BlinkFeed do
fabricante de terminais móbiles, proporcionando novidades
personalizadas e adaptadas ao gusto musical dos usuarios.