Monitor curvo de Alienware para meterse máis nos videoxogos

martes, 8 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Alienware decidiu abraiar ó seu público obxectivo (formado principalmente por afeccionados ós videoxogos) cun enorme monitor curvado formado por varios paneis DLP montados sobre unha única base acadando unha resolución de 2.880 x 900 píxeles, o que da unha sensación submersión nos videoxogos abraiando ó usuario.
No CES púidose ver un prototipo deste monitor que se comezará a vender na segunda metade do ano, que non só destaca pola súa forma, senón por acadar unha impresionante calidade de imaxe grazas á pantalla DLP iluminada mediante LEDs e cun tempo de resposta de 0,02 milisegundos (ideal para xogar).

PUBLICIDADE