Monitor de LG cun grosor de só 7,2 milímetros

luns, 13 de decembro do 2010 Marcus Fernández

LG vén de levar a delgadeza dos monitores LED á súa máxima expresión co novo LG E90, monitor de 21,5 polgadas, unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, un tempo de resposta de só 2 milisegundo e un espesor de só 7,2 milímetros, o que forza ao dispositivos a incorporar o seu adaptador de corrente e os conectores VGA, DVI-D e HDMI no seu pé.
O LG E90 sairá á venda a finais de mes por 329 euros (só nalgúns países sen detallar) e poderá verse na edición de 2011 do CES, onde será recoñecido pola súa innovación.

PUBLICIDADE