Monument Tracker amosa estes dÃas en Ourense as súas aplicacións turÃsticas para a Ribeira Sacra e Guimarães
mércores, 26 de xuño do 2013
- Os Canóns do Sil, unha das xoias paisaxÃsticas da Ribeira Sacra
Monument
Tracker é unha empresa francesa de gran experiencia en materia
de recursos turÃstico-culturais para teléfonos intelixentes. Estes
dÃas o seu labor tócanos especialmente de preto por dous motivos
principais: porque estará na xuntanza Territorios
Creativos de Ourense (o
presidente da firma,
Jean-Jacques Lottermoser,
dará a coñecer o seu
traballo recente o xoves 27 ás 12.00 horas) e porque a súa
actividade máis inmediata baseouse no
desenvolvemento de
guÃas
para smartphones e tablets sobre Guimarães,
a
Ribeira Sacra e as súas múltiples riquezas turÃsticas e
paisaxÃsticas. Precisamente,
a súa presenza estes dÃas en Ourense ten que ver, directamente, coa
presentación destes desenvolvementos. Para que nos complemente a
información que vai achegar na cita internacional atlántica que se
celebra no Centro Cultural Marcos Valcárcel, puidemos falar con
Lottermoser.
-En
que vai consistir a aplicación (app) para teléfonos intelixentes
que a empresa Monument Tracker está a desenvolver para a Ribeira
Sacra (Galicia) e para a cidade portuguesa de Guimarães?
-Os
desenvolvementos para Ourense e Guimarães son aplicacións móbiles
sobre para smartphones e tablets con sistemas iOS e
Android (Google Play) traducidas ao galego, o portugués, o inglés
e o español. O principio das aplicacións é o de enriquecer a
experiencia turÃstica dos viaxeiros para afondar no coñecemento dos
monumentos das cidades que están a visitar.
-Como
funcionan?
-Pois
en primeiro lugar facilitan o descubrimento dunha cidade e do seu
patrimonio a través dun enfoque simple, lúdico e orixinal.
Responden de xeito inmediato e automático a tódalas esixencias dos
usuarios, afeccionados ao estudo e coñecemento do patrimonio
histórico, novos ou maiores. Achégannos á historia dunha maneira
divertida e apaixonante, amais de permitir que nos mergullemos nun
mundo virtual para mellorar, precisamente, a captura da realidade.
Por
outra banda,
propoñen un contido serio e completo pero sen tomarse en serio a si
mesmas. Quen
pasou algunha vez por
diante dun monumento sen ter posibilidade algunha de coñecer a súa
historia, poderá
entender os baleiros que queremos encher.
A cultura é a relación social entre os habitantes dunha cidade, o
xeito de entender a cidade e participar na historia. Os
desenvolvementos que imos presentar, polo tanto, constitúen un
método para permitirnos viaxar no tempo, dar conta das marabillas do
pasado ao tempo que nos divertimos.
-Que funcións
especÃficas subministran? Hai só un punto de vista para coñecer
unha cidade ou un espazo monumental e paisaxÃstico concreto ou temos
máis posibilidades ao noso dispor?
-Si, a mesma aplicación
propón varios enfoques para descubrir unha cidade. Cada visitante ou
turista chega a un lugar á súa maneira e atopa cousas á súa
maneira, tanto o visitante clásico como o aventureiro. Por exemplo,
fornecemos para os máis novos o servizo de caza do tesouro, que se
dirixe a estimular e divertir aos máis pequenos, transformándoos en
historiadores e sen que eles mesmos se decaten. Tamén hai alertas
automáticas para os seareiros da marcha libre, sen restricións nin
atrancos, pero que ao mesmo tempo están interesados no que lles vai
saÃndo ao paso, e son avisos que os poñen ao tanto da proximidade
dun monumento. IncluÃmos tamén nas aplicacións funcións de
realidade aumentada (que nos posibilita esculcar no espazo da nosa
contorna e ver os monumentos desaparecidos), enquisas para calibrar
os nosos coñecementos, circuÃtos temáticos para xuntar aos
seareiros deste tipo de turismo, viaxes personalizadas, banda
deseñada para sacar o aventureiro que todos levamos dentro,
reconstrución de lugares de interese en estado de ruÃna ou
desaparecidos, postais reconfortantes e nostálxicas para pór un
pouco de poesÃa e sentimento no mundo, fichas de monumento, claves
de investigación e, finalmente, unha aposta clara pola ergonomÃa e
polo emprego doado das ferramentas que se inclúen, cunha navegación
accesÃbel para todas e todos.
-Para quen van
dirixidas estas aplicacións, en cuestión de idades?
-Para tódalas idades, de
7 a 87 anos. Xa contamos con 600.000 usuarios. A aposta pola
ergonomÃa e as diferentes funcións que complementan en enriquecen o
produto encamÃñanse a tocar tódalas categorÃas de idade e de
niveis de cultura. A aplicación móbil de descubrimento de
patrimonio a través dun enfoque lúdico e intuitivo é accesÃbel
para todo o mundo. Ademais, permiten a interactividade entre
diferentes xeracións. Os tests teñen demostrado, entre outras
cousas, que os nenos recorren de maneira sistemática á caza do
tesouro, e que unha vez que son arrastrados a esta actividade, logo é
a quenda dos seus pais para entrar en xogo, á procura deles,
poñéndose mans á obra na resolución dos diferentes enigmas que se
propoñen. Tamén temos visto que as parellas aceleran os seus
circuÃtos de paseo libre para reparar logo na historia dos puntos
fortes do itinerario. Os adolescentes, simplemente, adoran a
tecnoloxÃa, e é precisamente esta a que os estimula para coñecer o
seu contorno e ver neles mesmos futuros desenvolvedores de
tecnoloxÃas. Os solteiros divÃrtense e atopan a súa alma de neno e
a familia enteira apaixónase cos diferentes retos que se lle
propoñen.
-Segundo comentades,
os vosos recursos están en varias linguas...
-Si, as aplicacións
están traducidas en varias linguas e conteñen ademais unha versión
off line. Os turistas estranxeiros poden asà descubrir a
historia de cada monumento sen recorrer a Internet, polo que o custe
é cero.
-As vosas aplicacións
fican igual co paso dos anos ou actualÃzanse?
-Monument
Tracker é unha start-up lanzada en 2010 por un ex director de
Turismo e levouse o Premio Turismo 2013 Spring Digital. Preto de un
millón de viaxeiros empregan as aplicacións editadas pola empresa.
Os desenvolvementos son en efecto evolutivos, coas oficinas de
turismo e servizos de patrimonio informando e facendo evolucionar o
contido da oficina virtual en tempo real. Cada ano Monument Tracker
presenta novas actualizacións nas 40 cidades que son sociais
internacionais na actualidade.
-Que nos podedes dicir
do proxecto europeo Imagina Atlántica, no que participades e
no que se insire a xuntanza Territorios Creativos?
-A
iniciativa Imagina Atlántica
permitiu financiar unha solución creativa e innovadora común
ás cidades do arco atlántico. Máis polo miúdo, posibilitou
repensar o contido cultural e tratalo a través da animación en
debuxo animado, facendo accesÃbel e lúdico o contido cultural
exhaustivo do destino. Guimarães
e
Ourense pagan só a adaptación gráfica e a integración dos
contidos. A aplicación gráfica será gratuÃta para o público e
non contén publicidade algunha. Hai un gran potencial de beneficio
para a cidade portuguesa e para a comarca da Ribeira Sacra, beneficio
que tamén chegará claramente aos usuarios, e
máis se temos en conta que detrás destes traballos atópase un
proxecto colaborativo
e internacional
dirixido ao desenvolvemento turÃstico dixital.