Morre un streamer participando nun reto en liña
luns, 5 de xaneiro do 2026
A morte de Sergio Jiménez Ramos (Sssanchopanza), de 37 anos, na madrugada do 31 de decembro, conmocionou Vilanova i la Geltrú e abriu un debate sobre os retos emitidos en directo na Internet e a chamada mendicidade dixital. O home foi atopado sen vida no seu dormitorio coa webcam acesa e con varios usuarios conectados mentres realizaba un desafÃo que, segundo a súa familia, consistÃa en consumir seis gramos de cocaÃna e unha botella de whisky nun prazo inferior a tres horas.
O irmán de Sergio, Daniel, foi quen entrou no cuarto tras recibir a chamada da nai, preocupada ao velo de xeonllos e inmóbil. Ao chegar, atopouno sen reacción, coa man frÃa e o ordenador emitindo voces doutros usuarios que seguÃan a escena en directo. Na habitación habÃa unha botella de whisky case baleira, bebidas enerxéticas e unha placa cunha cantidade importante de cocaÃna. Os servizos de emerxencias só puideron certificar a morte e avisaron aos Mossos d’Esquadra, que abriron dilixencias á espera da autopsia.
A familia asegura que Sergio, en tratamento psiquiátrico e con problemas de drogodependencia, levaba meses participando en retos en liña nos que recibÃa doazóns para consumir substancias diante dos espectadores. No tanatorio, amigos e achegados expresaron indignación e sinalaron a persoas do seu contorno dixital que, segundo din, o animaban a realizar este tipo de contidos. Entre elas mencionan a Simón Pérez Golarons, coñecido en redes por vÃdeos polémicos e por retransmisións nas que tamén consumÃa cocaÃna en directo. Pérez chegou a anunciar a morte de Sergio na súa propia canle, atribuÃndoa a unha suposta sobredose tras consumir varios gramos en poucas horas.
A familia de Sergio agarda agora os resultados da autopsia para emprender accións legais, mentres os Mossos non descartan ampliar o contexto da investigación en función das novas informacións que poidan xurdir.
