Motorola presenta un novo móbil con tecla de Facebook

venres, 4 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Varios son os móbiles que están a adoptar a idea de incorporar un botóns específico para acceder ás funcionalidades de Facebook dun xeito áxil, e nesta liña Motorola anuncia o seu MOTOKEY Social, un terminal con teclado físico QWERTY, pantalla táctil de 2,4 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 3 Mpíxeles, 64 Mb de RAM e 128 Mb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD, batería de 910 mAh, radio FM, Wi-Fi, Bluetooth, micro USB, toma de auriculares, unhas medidas de 105,5 x 60 x 9,98 milímetros e 87 gramos de peso, con acceso a Twitter, Gmail, YouTube e Facebook, que neste último caso conta cunha tecla de atallo que fai doado acceder á nosa conta e compartir imaxes e ligazóns grazas a unha tecla dedicada.

PUBLICIDADE