Motorola vende en China un ordenador todo-en-un baseado en Android
venres, 14 de setembro do 2012
O provedor de telecomunicacións chinés WASU Digital Group vai
comezar a comercializar como solución de servizos de lecer para o fogar o equipo
HMC3260 de Motorola Mobility (tamén coñecido como CloudBB), que vén a ser
un ordenador todo-en-un co sistema operativo Android, con pantalla LED de 18,5
polgadas, que orienta o seu funcionamento á nube e que fai que os consumidores
poidan acceder de xeito doado á televisión dixital, pelÃculas, xogos,
navegación web, aplicacións e outros sservizos á carta baseados en tecnoloxÃa
de cable.
Este curioso equipo está baseado nun procesador ARM Cortex A8 a 1 GHz, ten 1 Gb
de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, pantalla LED de 18,5 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, Android 2.3.4 e conectividade Ethernet e USB
2.0. Non estariamos ante un sistema moi potente, pero pode entenderse como un
xeito económico de achegar a Rede aos fogares, que está por ver se o adaptarán
outras compañÃas fóra de China.
- Esta especie de ordenador pode ser unha boa solución para acceder á Rede e consumir contidos multimedia sen realizar un elevado investimento en hardware