Movistar elimina o compromiso de permanencia e venderá os seus móbiles libres
mércores, 11 de setembro do 2013

- Luis Miguel Gilpérez foi o encargado de anunciar as importantes novidades de Telefónica España
Telefónica España está a dar importantes pasos de cara aos
seguintes meses, que hoxe fixéronse visibles con varios anuncios que debullan o
novo
plan de acción da compañÃa de cara a unhas comunicacións sen barreiras nin
compromisos por parte do cliente, entre as que destaca a eliminación do
compromiso de permanencia de 18 meses nas súas tarifas móbiles de contrato e a
eliminación do bloqueo de terminais (SIMlock), de xeito que unha vez que rematen
o stock de dispositivos bloqueados Movistar
ofrecerá móbiles libres dende o inicio (evitando o trámite de ter que solicitar
a súa liberación unha vez superado o compromiso de permanencia, podendo os clientes actuais pedir o seu código de desbloqueo vÃa web).
O presidente da compañÃa, Luis Miguel Gilpérez, lembrou hoxe que o vindeiro
venres comezarán a ofrecer servizos 4G, que antes de rematar o ano pretenden
chegar a 63 cidades españolas e deu conta da renovación da oferta de servizos
de Movistar Fusión (que manteñen o seu prezo incorporando novas prestacións,
que salvo a tarifa antes coñecida como Movistar Fusión Cero pasarán a gozar de
chamadas ilimitadas dende o móbil).
Movistar tamén renova as súas tarifas de contrato móbil, de xeito que os
usuarios de Movistar Total e da nova Movistar Veinte poderán gozar de 4G sen
prezo adicional.
A oferta de Movistar TV simplifÃcase, quedando en Movistar TV (con máis de 70
canles, a Champions, a Liga e Europa League) e Movistar TV Mini (que
incorpórase de balde a todas as ofertas de fibra e ofrece os contidos da TDT e
canles como Fox, AXN, Cosmo, Calle 13, Paramount Comedy, unha canle promocional
e 2 canles do mes de Movistar TV).
Outra das grandes novidades anunciadas por Gilpérez hoxe é un novo plan de
fidelización de Movistar, que fin ao programa de puntos, e que chamarase Por ser
de Movistar, ofrecendo vantaxes para obter descontos en terminais
icónicos, asà como para facerse con outros servizos como carburante ou seguros.
