Movistar+ estrea a súa plataforma audiovisual OTT
martes, 4 de xuño do 2019
Telefónica anunciara hai algo máis dun mes que tiña previsto
ofrecer
os seus contidos audiovisuais até o momento exclusivos para clientes doutras
compañías a través dunha plataforma Over-The-Top que custaría 8
euros/mes e que hoxe
presentouse oficialmente como Movistar+ Lite, unha plataforma «accesible
para todos, sen compromiso», que segundo detallou Sergio Oslé, presidente de
Movistar+, estará dispoñible a través da aplicación móbil de Movistar+, vía web, televisores conectados e dispositivos
HDMI e permitirá até 2 reproducións simultáneas e a posibilidade de gozar dun
mes de proba do servizo.
O catálogo de Movistar+ Lite é bastante amplo e variado, con marcas como Broncano,
NBA, Buenafuente, Rafa Nadal, Mario Casas, Liga Endesa, Wimbledon, la
SuperBowl, Gigantes, Cristiano Ronaldo, Berto, The Good Fitght, Informe
Robinson, Walking Dead, Ángel y Patricia, Mbappé, Arde Madrid, Indycar, Vis a
Vis, Big Bang, Comedy Central News... que xa non quedarán limitadas a clientes
dos paquetes televisivos de Movistar.
Esta plataforma audiovisual inclúe 8 canles en directo (#0, #Vamos, Movistar
Series, Movistar Seriesmanía, Fox, TNT, Comedy Central e AMC) e contidos baixo
demanda, estando xa dispoñible para a
súa subscrición independente.