Movistar permite converter unha SIM en eSIM directamente dende o iPhone
martes, 19 de decembro do 2023
Para
facilitar a migración de tarxetas SIM fÃsicas a eSIM o iPhone conta cunha opción de transferencia
rápida que permite converter a tarxeta SIM introducida no teléfono
directamente en eSIM, sen ter que chamar aos servizo de atención ao cliente da
operadora nin ter que acudir a unha tenda para conseguir un código QR para
escanear, e en España Movistar
(e O2) convértese na primeira compañÃa en activar esta función que é
compatible con smartphones de Apple dende o iPhone Xs.
A función de transferencia rápida é sumamente práctica e de balde, evitando un
trámite de expedición de tarxeta eSIM polo que Movistar estaba a cobrar 15
euros (o que provocou grandes crÃticas).
AÃnda que as eSIM xa de por si son unha tecnoloxÃa chamada a substituÃr as SIM fÃsicas,
a súa implantación está a ser moi lenta e desigual (moitos operadores aÃnda non
as admiten, ou só permiten o seu uso dende certos dispositivos), pero no caso
dos iPhone ten un atractivo moi especial, xa que poden combinarse tarxetas eSIM
con tarxetas SIM, o que permite empregar 2 números de móbil nun mesmo
dispositivo (algo que moitos móbiles con Android permiten con tarxetas fÃsicas
dende hai unha chea de anos).