Movistar subirá os seus prezos en xaneiro

luns, 25 de novembro do 2024 Marcus Fernández

Estamos afeitos que co cambio de ano cheguen subas de prezos nos operadores de telecomunicacións, e os que prepara Movistar xa están a comunicarse aos consumidores a través das últimas facturas, e nesta ocasión percíbese especialmente nos incrementos de prezo dos servizos audiovisuais incorporados aos distintos paquetes, respondendo a unha realidade de mercado.
Como algúns exemplos de suba de prezos temos que a tarifa de fibra de 300 Mbps sube de 31,90 a 34 euros/mes, Movistar Base sube de 52,90 a 53 euros/mes, Movistar Max de 59,90 a 63 euros/mes, Movistar Plus+ de 12 a 13 euros/mes, Netflix Extándar de 12 a 13,99 euros/mes, Netflix Premium de 17 a 19,99 euros/mes, Ficción Total de 14 a 17,01 euros/mes e Fútbol Total de 45 a 49 euros/mes, entre outras subas, que entrarán en vigor a través do 13 de xaneiro de 2025.
Este tipo de cambios deberían levar aos consumidores a reflexionar sobre o que teñen contratado, pois resulta evidente que os prezos dos paquetes combinados dependen cada vez máis dos contidos audiovisuais incluídos.