Mozilla está a preparar un lanzador de aplicacións para Android
xoves, 6 de febreiro do 2014
Nas últimas horas Mozilla amosou un novo produto que está a
desenvolver en colaboración con EverythingMe, o Firefox
Launcher para Android. Esta aplicación entrarÃa no compromiso de Mozilla
por achegar a mellor experiencia web posible sen importar a localización, a
plataforma ou o dispositivo, facilitando que os usuarios poidan ter un novo
xeito de personalizar a súa experiencia web e satisfacer as súas necesidades en
calquera contexto.
O Firefox Launcher para Android fará doado descubrir contido en calquera
momento e está optimizado para o xeito no que empregamos o teléfono, integrando
a busca de aplicacións adaptable ao contexto de EverythingMe co navegador web
Firefox para Android, conseguindo unha experiencia web máis divertida e
intuitiva.
O desenvolvemento desta solución está moi avanzado, e en breve agardan estrear
unha versión de proba.