
Este conto, informan os seus responsables, abrangue dúas partes principais: unha primeira, narrativa en sentido estrito, cos seus personaxes e animacións, e unha segunda que constitúe un módulo de estudo emocional que é quen de interpretar os acenos e as expresións do lector en tempo real. “Ao igual que en Dungeons & Dragons”, sinalan Gradiant e Moonbite, “preténdese implicar ao máximo ao neno na historia, dotando ao conto da capacidade de reaccionar ante as emocións do lector e que isto inflúa na propia aventura, deste xeito a historia, ou o seu final, poderá mudar en función das reaccións do lector”. Polo tanto, engaden, a propia ficción poderá dicirlle ao lector que amose unha determinada expresión (por exemplo de alporizamento á hora de derrotar ao dragón) ou que imite os acenos do heroe para “pasar de páxina e continuar coa aventura”.
As opcións e potencialidades de uso son, a xuízo dos promotores/desenvolvedores da iniciativa, infinitas dependendo das historias. En opinión de Gradiant e Moonbite, este tipo de conta axudará a reforzar a aprendizaxe en nenos con autismo e outros problemas de capacidade e desenvolvemento emocional, amais de ser unha ferramenta lúdica.
Mundos Dixitais acolle a presentación dun conto emocional para trebellos baseado no estudo dos acenos faciais
Compartir Este Artigo
