Musk inicia a transformación de Twitter en X
luns, 24 de xullo do 2023
A pasada fin de
semana Twitter experimentou un terremoto ao anunciar Elon
Musk que comezarÃa a remitir á páxina web de Twitter a través de x.com, tras
o que amosou un logotipo para a marca que quere adoptar a compañÃa que logo proxectou sobre
a fachada das súas oficinas, e asegurar que dirán «adeus á
marca Twitter e progresivamente a todos os paxaros».
Para confirmar o compromiso coa nova marca, o propio Elon Musk puxo o novo
logotipo como a súa fotografÃa de perfil, aÃnda que non se pode ignorar o feito
de que a meirande parte dos usuarios que interactuaron nas últimas horas sobre
o tema amosaron o seu rexeitamento a desbotar unha marca consolidada como
Twitter para adoptar unha marca tan xenérica como X.
A directora xeral da compañÃa, Linda Yaccarino, pola súa banda asegurou que «Twitter mudou
o xeito no que nos comunicamos. Agora, X irá máis aló, transformando a praza
pública global», ao que engadiu que «X é o futuro
dunha interactividade ilimitada (centrada no audio, o vÃdeo, a mensaxerÃa,
os pagamentos) creando un mercado global de ideas, bens, servizos e
oportunidades», ou sexa, que Yaccarino asumiu como propias as intencións de
Musk de converter Twitter no seu proxecto de aplicación multifuncional baixo a
marca X.
- A versión web de Twitter xa loce o logotipo de X
Lembremos que X.com é un proxecto que Musk lanzou en 1999, que logo desembocarÃa
en PayPal, e que agora recuperarÃase para tentar converter Twitter no que en
China é WeChat, aÃnda que non parece nada razoable que iso poida ser posible,
simplemente pola complexidade que ten lanzar servizos financeiros en varios
mercados á web.
En calquera caso, diluÃr a marca Twitter pode ser un dos meirandes erros en
toda a cadea de desastrosas decisións que tomou Musk nos últimos meses, acelerando
a perda de valor da compañÃa, e facendo moi difÃcil que outras persoas poidan
tomar o control do proxecto no futuro en caso de que Musk quixese desvincularse
do mesmo.
ACTUALIZACIÓN: O cambio de
Twitter en X segue a dar que falar, unha mostra máis de que estamos ante unha
arroutada de Elon Musk foi que, tras verse nas rúas de San Francisco a un
operario subido a un guindastre arrincando as letras de Twitter do rótulo da
fachada das oficinas da compañÃa, a PolicÃa de San Francisco tivo que facer
acto de presenza, advertida de que era unha obra realizada sen permiso, aÃnda
que segundo
The San Francisco Standard o problema real foi que non se comunicara ao equipo
de seguridade e ao propietario do edificio. Non serÃa asà un problema que
realmente precisase dunha intervención policial, pero dende a empresa de Elon
Musk tampouco podÃan proceder sen permiso do propietario do edificio no que
teñen as súas oficinas.