A entrada de Elon R. Musk no capital de Twitter está a ser un proceso moito máis convulso do esperado, e tras a compra do 9,2% das accións da compañía (de xeito irregular) e anunciar que se incorporaría ao cadro de dirección da compañía dirixida por Parag Agrawal, chegan agora a rectificación de Musk a través dunha emenda presentada ante as autoridades competentes nos EE.UU.
Musk conservaría a súa posición como maior accionista individual de Twitter (se contamos grupos de investimento quedaría en segunda posición, xa que The Vanguard Group ten o 10,29% das accións), pero o que si muda é a comunicación que fai á SEC, de xeito que xa non se compromete a non superar o 14,9% das participacións na empresa, á vez que detalla que poderá manter conversas coa dirección da compañía e incluso dar conta dos seus puntos de vista a través de redes sociais (algo que claramente non podería facer se formase parte da dirección dunha compañía cotizada).
Polo momento non está claro que Musk vaia ampliar a súa participación en Twitter, e tampouco se compromete a conservar a postura actual con respecto ao nivel de intromisión nas actividades da empresa.
Musk non entrará na dirección de Twitter
Compartir Este Artigo
