Muzik estréase anunciando auriculares smart

luns, 29 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Hoxe é o día no que anúnciase mundialmente Muzik, unha nova compañía que quere mudar o xeito de gozar da música a través dun auriculares intelixentes (e outros produtos semellantes) que presumen de ser os primeiros auriculares do mundo que permiten que os usuarios poidan compartir nativamente o que están a escoitar a través de Facebook e Twitter ou poder mandar unha canción ao instante a calquera lugar.
Dende Muzik aseguran non ser unha empresa de accesorios de audio, senón que vense como unha compañía de tecnoloxía para vestir que fai auriculares smart e accesorios que está a enfocar o seu desenvolvemento na creación de produtos e tecnoloxías que axuden a mudar a experiencia de uso do usuario a través da combinación de hardware e software.
Os auriculares de Muzik achegan un son de calidade, están illados do ruído, conta cunha aplicación para Android e iOS que aprenderá mentres escoitemos música e chegarán ao mercado no último trimestre do ano a un prezo estimado de 299 dólares.

PUBLICIDADE