NOVA FTE premiará 12 iniciativas galego-portuguesas ligadas ás tecnoloxías esenciais
martes, 1 de xuño do 2021
O
proxecto NOVA TFE (Novas
Oportunidades de Negocio para Pemes Baseadas en Tecnoloxías
Facilitadoras), ten aberto o prazo para un concurso de ideas ata o 16
de xuño. Desta
forma, preténdese apoiar o desenvolvemento de 12 proxectos de
emprendemento, baseados no coñecemento científico-técnico.
NOVA
TFE é
unha iniciativa multidisciplinar formada
por
investigadoras e investigadores da Escola Superior de Enxeñaría
Informática, das facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e
Turismo e da Escola de Enxeñaría Industrial. Ademais, son socios do
proxecto a Mancomunidade de O Salnés, o Concello e a Deputación de
Ourense e a Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de
Galicia e a Câmara Municipal de Valença
O
proxecto conta cun orzamento total de 811.200 euros, a maiores dos
762.874,50 euros de financiamento FEDER,
dos fondos europeos de desenvolvemento rexional. Así, o concurso
de ideas “distínguese
de aqueles proxectos que inclúen solucións innovadoras de base
tecnolóxica relacionados coas tecnoloxías facilitadoras esenciais
nos procesos propios de calquera actividade e que poden ser
incorporables, pois aborda o reto da transformación dixital e a
posta en marcha da Industria 4.0”.
No
concurso poden presentarse tanto ideas empresariais en fase inicial
como proxectos empresariais cun grao de madurez suficiente. Por iso,
os participantes deberán ser persoas maiores de 18 anos con
residencia en Galicia ou o Norte de Portugal, ademais de contar cunha
idea ou proxecto de emprendemento, que posúa capacidade para
desenvolver ou aproveitar as TFE nos procesos de fabricación ou como
compoñentes básicos de produtos ou
servizos que aposten por modernizar os sectores tradicionais.
Con
todo, os 12
proxectos seleccionados como gañadores terán como premio a posta a
disposición de cada un deles da “sensórica necesaria que teñan
solicitado para unha proba piloto ou de concepto”. Esta sensórica,
detállase nas bases e ten dúas opcións: ser comprada de forma
específica por recomendación da idea gañadora ou facilitada á
idea gañadora en caso de que o equipo xa estea en disposición das
distintas entidades socias.
Para
aqueles que precisen máis información sobre o certame, haberá un
seminario virtual titulado Transformando
os datos en coñecemento a
cargo de Álvaro Dosil, CEO de TripleAlpha, o día 8 de xuño.