NTT DATA potenciará a formación de profesionais TIC no CNTG
luns, 17 de febreiro do 2025
A Xunta de Galicia e a compañÃa NTT DATA veñen de asinar un acordo de colaboración para o desenvolvemento de accións formativas dirixidas aos profesionais tecnolóxicos galegos, no marco do compromiso do Executivo galego co impulso da formación adaptada aos retos e necesidades do tecido produtivo.
O convenio (asinado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e o socio director de NTT DATA para Galicia e Asturias, Alberto Borrego) concretarase a través de seis seminarios técnicos sobre distintos aspectos da intelixencia artificial, que serán impartidos no Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG) entre xuño e novembro de 2025 por profesionais desta consultora de servizos empresariais e de IT, cuxa sede de Galicia é precisamente referente dentro da compañÃa neste ámbito.
AsÃ, os seminarios previstos tratarán aspectos que van dende a introdución á IA xenerativa, o seu uso en procesos de ciberseguridade, o machine learning para persoal dos departamentos funcionais, a visión por computador para persoal das áreas de negocio das empresas, o paradigma de produción de modelos de linguaxe confiables (MLOPS) e o uso ético da IA.
A introdución aos distintos usos da intelixencia artificial foi unha temática de interese no 2024 no CNTG, celebrándose arredor dela cinco seminarios técnicos nos que tiveron a oportunidade de formarse 120 persoas.
