NTT Docomo comeza a vender o Toshiba TG01

luns, 22 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Durante o Mobile World Congress de Barcelona puido verse o impresionante Toshiba TG01, un móbil que mide 70 x 130 x 9,9 milímetros, pesa 130 gramos, conta cunha pantalla táctil resistiva de 4,1 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, HSDPA, GPS, Wi-Fi, 256 Mb de RAM, 512 Mb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD) e un impresionante procesador Snapdragon a 1 GHz (moito máis rápido dos 600 MHz do novo iPhone 3G S) que permítelle, entre outras moitas cousas, que o seu navegador web sexa capaz de reproducir Flash. Este terminal vén de lanzarse no Xapón co nome de Toshiba T-01A, para envexa dos europeos, aínda que en España imos ter que esperar moi pouco para ver este móbil con Telefónica (que terá a exclusividade do terminal ata o outono).
Este potente móbil de Toshiba funciona con Windows Mobile 6.1 coa interface de usuario Tosh 3D, que fai máis atractiva a súa experiencia de uso, reproduce vídeo en DivX (o seu procesador sería capaz de mover vídeo de ata 720p), soporta gráficos 3D e, en definitiva, senta as bases dunha nova gama de smartphones cunha potencia máis próxima dos ordenadores ultraportátiles que dos teléfonos actuais.

PUBLICIDADE