Nedgia Galicia lanza aplicación para facilitarnos a lectura do consumo de gas
martes, 17 de abril do 2018
Nedgia
Galicia, a distribuidora do grupo Gas Natural Fenosa que opera na
nosa terra, vén de poñer a a disposición dos seus usuarios unha
ferramenta móbil que lles fai máis doada a interpretación dos
datos xerado polo seu consumo. Trátase da aplicación YoLeoGas,
dirixida a facilitar o proceso de lectura de contador do gas, de
maneira sinxela e simple a través do móbil ou tableta do usuario.
Segundo
explica a dita empresa, trátase dunha iniciativa compartida polas
principais distribuidoras de gas no ámbito estatal, a devandita
Nedgia, Redexis Gas, Madrileña Rede de Gas e Nortegas. O
desenvolvemento da app responde, de feito, ao seu compromiso
común a prol dunha maior eficiencia nos procesos e dun mellor
servizo aos usuarios a través da dixitalización.
Para
tirarlle proveito, o cliente ten que rexistrar o número do CUPS
(Código Unificado de Punto de Subministración que figura na factura
emitida polo comercializador) na aplicación e facer unha foto ao
equipo de medida. Logo, a ferramenta avisa ao cliente se a foto é
correcta e envÃaa aos sistemas informáticos da distribuidora
correspondente, que é quen de procesala de maneira automática.
Entre
as opcións que ofrece este novo e innovador recurso móbil atópase
a configuración de notificacións para que recibamos un aviso en
canto haxa que realizar a lectura do contador. Ademais, a aplicación
mostra o histórico de lecturas para que poidamos facer seguimento do
consumo.
A
aplicación, que está xa dispoñÃbel para dispositivos
iOS e con Android,
está ao alcance da man de todos os usuarios de gas canalizado de
España das distribuidoras promotoras da aplicación, asà como por
todas as comercializadoras existentes, que poderán asà recibir de
forma en liña a información de consumo de cada punto de
subministración.