Nieves Brisaboa, nomeada coordinadora do Plan Andaluz de I+D+i no ámbito das TIC
xoves, 24 de setembro do 2020
- Nieves Brisaboa nunha imaxe de Miguel Miramontes/Roller Agencia
A
investigadora do
Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC)
Nieves Brisaboa foi nomeada recentemente coordinadora no ámbito das
novas tecnoloxÃas da información do Plan Andaluz de I+D+i,
principal instrumento de programación, coordinación, dinamización
e avaliación da polÃtica de I+D+i de AndalucÃa. Nieves Brisaboa
exercerá as súas funcións de coordinación en calidade de
presidenta da área de avaliación de TecnoloxÃas da Información da
Dirección de Avaliación e Acreditación (DEVA) da Axencia Andaluza
do Coñecemento.
A
Axencia Andaluza do Coñecemento, que se enmarca na ConsellerÃa de
Transformación Económica, Industria, Coñecemento e Universidades
da Xunta de AndalucÃa, ten o obxectivo de garantir e promover a
calidade do sistema universitario da Comunidade Autónoma. AsÃ,
presta servizos relacionados para a tramitación e execución de
programas e actuacións vinculadas á formación avanzada, ao fomento
da innovación e a programas de formación universitarios.