Nokia ofrece de balde navegación GPS para coche e peóns
xoves, 21 de xaneiro do 2010
A
partir do vindeiro mes de marzo de 2010, os smartphones
Nokia con GPS integrado incluirán a nova versión de Ovi Mapas, precargada con
mapas locais, navegación GPS de alta calidade en modo peonil e de coche, así
como acceso ás guías de viaxes de Lonely Planet e Michelin sen custe extra
algún.
Así o
veñen de anunciar hoxe os responsables de Nokia, que engaden que este “movemento” ten o potencial de duplicar o
tamaño do mercado da navegación GPS nos terminais móbiles. A nova versión de
Ovi Mapas, que se pode descargar dende a
web oficial de Nokia, inclúe funcións de navegación GPS de gran calidade (peonil
e de coche) como son a navegación GPS paso a paso, guiada mediante voz para 74
países con 46 idiomas, ou a información de tráfico en tempo real en máis de 10
países así como radares e mapas
detallados de máis de 180 países diferentes.
Esta
decisión da compañía tecnolóxica forma parte dunha estratexia para “liderar o mercado da navegación GPS móbil,
mapas e servizos baseados na localización”, e o feito de eliminar os custes
asociados á navegación GPS para condutores e peóns, supón ampliar o abano de
usuarios substancialmente.
Con
esta iniciativa, os responsables de Nokia aseguran que poderán ofrecerlle aos
usuarios un “completo sistema de
navegación GPS de coche e peón, reforzando tamén o despegue dos plans de datos”.
Outro beneficio adicional para os operadores é que Ovi Mapas emprega unha
tecnoloxía híbrida única, optimizada para o seu uso nunha rede móbil. Mediante
o uso de gráficos vectoriais avanzados, xunto a cunha combinación “intelixente” de mapas pre-cargados en
liña, a nova versión de Ovi Mapas emprega unha fracción do ancho de banda da
tecnoloxía que usan a maioría dos provedores de mapas móbiles.
Ao
mesmo tempo, o feito de permitir convertir a navegación GPS móbil en algo tan
familiar como o envío dun sms ou unha fotografía supón unha gran oportunidade para
a expansión e o desenvolvemento de aplicacións adicionais baseadas na
localización.
Ovi
Mapas estará dispoñoble de balde para a súa descarga en 10 terminais Nokia,
entre os que se atopan os populares Nokia N97 mini, Nokia 5800 XpressMusic ou
Nokia E72, con máis smartphones que
irán engadindo nas vindeiras semanas.
Mentras
tanto, os actuais usuarios de smartphones
compatibles con Ovi Mapas, poderán descargalo de balde dende a web de Nokia.