Nokia presenta 4 novos móbiles
luns, 11 de febreiro do 2008- O Nokia N76 inclúe transmisor de radio FM
Co gallo do Mobile World Congress a finlandesa Nokia presentou varios dos
seus novos terminais: o N96, o N78, o 6220 Classic e o 6210 Navigator.
O Nokia N78 supón unha renovación da
Nseries nun terminal con moitas caracterÃsticas pensadas na reprodución musical,
mentres que tamén conta cunha cámara de 3,2 MpÃxeles con foco automático (e
A-GPS integrado), Bluetooth e Wi-Fi, aÃnda que destaca especialmente por
integrar un transmisor FM, de xeito que se pode sintonizar na radio do automóbil
para escoitar a música almacenada no seu interior. Venderase no vindeiro
trimestre a 350 euros.
- O Nokia N96 collerá sucederá ó N95
O Nokia N96 supón, pola súa banda, a evolución
do N95, con dobre teclado deslizante, 16 Gb de memoria (ampliable mediante
tarxetas microSD), cámara de 5 MpÃxeles (con foco automático, lente Carl Zeiss
Tessar e flash de 2 LED), pantalla QVGA de 2,8 polgadas, sintonizador DVB-H
(para ver TDT móbil), reprodución multimedia (soportando MPEG-4, WMV e vÃdeo
Flash), conector estándar para auriculares, Bluetooth (A2DP), Wi-Fi, A-GPS e
conectividade HSDPA. Venderase no terceiro trimestre do ano a 550 euros.
Os
outros terminais presentados serÃan de gama media, coma o 6220 Classic, que
só destaca por contar con cámara de 5 MpÃxeles (e se venderá por uns 325
euros), mentres que o 6210 Navigator procurará converterse nun navegador GPS
tanto persoal coma para o vehÃculo, que se venderá por uns 300 euros.