Nokia presenta unha aplicación para crear historias</Em> coas nosas fotografÃas
martes, 22 de outubro do 2013
Para poder destacar fronte a outros competidores dentro do
mercado de terminais móbiles con Windows Phone 8, Nokia optou por incorporar
nos seus terminais boas cámaras, unha construción robusta e aplicacións
exclusivas, combinación que conseguiulles facerse practicamente co 90% do
mercado dos móbiles co sistema operativo de Microsoft, e avanzando nesta
dirección presentaron hoxe Nokia Storyteller.
A nova aplicación integra as imaxes que tomemos co móbil coa información de
localización achegada a través de HERE, para crear mapas cronolóxicos dende os
que poder seguir as nosas viaxes. Deste xeito, dende a aplicación Nokia
Storyteller será posible facer un repaso interactivo das nosas visitas
turÃsticas e incluso amosar esas experiencias a través de imaxes animadas,
vÃdeos e fotografÃas intelixentes
levando as nosas historias á vida.
A nova aplicación presentouse co Nokia Lumia 1520, pero é de agardar que estea
dispoñible para case todos os smartphones da familia Lumia nos vindeiros meses,
como aconteceu con moitas outras ferramentas fotográficas desenvolvidas por
Nokia.
VÃdeo de presentación da aplicación Nokia Storyteller