Nokia sorprende cun teléfono básico orientado á reprodución musical
mércores, 13 de xullo do 2022
AÃnda que parecÃa que os teléfonos básicos estaban mortos e
soterrados, HMD Global sorpréndenos presentando o novo Nokia
5710 XpressAudio, un teléfono sen funcionalidades de smartphone, con dobre
SIM e 128 MB de almacenamento interno, que sorprende ao integrar un
compartimento deslizable no que albergar e cargar uns auriculares sen fÃos incluÃdos (que ao funcionar por Bluetooth 5.0 son compatibles con outros teléfonos).
Este móbil 4G pode presumir dunha boa autonomÃa (até un mes en espera e até 7,7
horas en conversa), xa que ten unhas funcionalidades moi básicas, e sorprende
pola súa orientación para a reprodución musical, xa que inclúe un reprodutor de
MP3, botóns especÃficos nos marcos para controlar a reprodución de música e o nivel
de volume e incluso radio FM (que funciona tanto polos auriculares como a
través dos altofalantes estéreo do propio dispositivo).
Algunhas das súas caracterÃsticas poden parecer ridÃculas, como a súa pantalla
QVGA de 2,4 polgadas ou a súa cámara traseira de 0,3 MpÃxeles que integra flash;
pero detalles como que a súa baterÃa sexa extraÃble e que poida ler tarxetas microSD
de até 32 GB (moi práctico para almacenar música). Vaia, que estamos ante un dispositivo
orientado a un público moi especÃfico, para o que probablemente o seu principal
defecto sexa que a súa carga realÃzase a través dun conector micro USB.
Está previsto que cheguen en breve ao mercado a un prezo de 79,99 euros.