NotebookLM estrea Resumos de vÃdeo en galego
luns, 25 de agosto do 2025
Hai cousa dun mes Google estreou unha nova funcionalidade en NotebookLM: a posibilidade de crear Resumos de vÃdeo. Temos asà un novo xeito de comprender conceptos complexos, xa non só con audio, como se podÃa facer antes, senón tamén cun acompañamento visual a xeito de presentación, con imaxes, citas, diagramas... que axudan a comprender mellor o tema que esteamos a analizar.
No seu lanzamento os Resumos de vÃdeo de NotebookLM só estaban dispoñibles en inglés, como un xeito de probar masivamente esta tecnoloxÃa e, agora que semella estar afinada, ofrécena en 80 linguas entre as que non falla o galego.
Temos aquà unha impresionante ferramenta para poder introducirse nunha materia ou repasar coñecementos, coa vantaxe de que o contido xerado está dispoñible na nosa lingua.
Amais, NotebookLM tamén está a mellorar os Resumos de audio, que agora están dispoñibles en dúas duracións diferentes, polo que tanto podemos escoitar unha especie de podcast no que dous interlocutores conversan sobre a materia que esteamos a estudar, como tamén podemos limitar o peza sonora a uns titulares que faciliten facerse unha idea básica da materia.
Resumo de vÃdeo de NotebookLM baseado na entrevista que fixemos a Abel Alves sobre a súa webserie O Búnker
