O humor galego refúxiase en O Búnker
xoves, 14 de agosto do 2025
O festival coruñés de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico ten programada unha presentación o vindeiro sábado ás 11:30 na que o creador Abel Alves presentará a webserie de animación O Búnker, que leva uns meses dando os seus primeiros pasos na Rede, polo que quixemos conversar sobre o proxecto co seu autor.
– Podes explicarnos de onde saÃu a idea de facer O Búnker?
– Hai tempo que teño a inquietude de facer animación. Metinme no audiovisual, fixen algunha curta, pero estaba moi enfrascado no tema do guión de banda deseñada, e nunca tiven nin tempo nin a oportunidade de meterme aÃ. Pero nos últimos tempos, mirando información sobre animación, sobre todo en redes sociais, vin que hai moitas pequenas curtas, como as que fago eu con O Búnker para Instagram e outras redes sociais, moitas veces tirando de cultura popular. Por exemplo, en Arxentina hai moita xente que fai esta animación con cortes de televisión moi famosos. Entón dixen: "vou tentar aprender a ver se son capaz", porque eu tamén teño as miñas limitacións como debuxante, e dixen: "algo que encaixe co meu estilo e coa idiosincrasia galega". E foi cando dixen: "vou probar". E probei e máis ou menos...
Estou aprendendo. É unha forma tamén de ir aprendendo, facendo asà pequenas curtas, pouco a pouco. Metinme un pouco de casualidade. A idea de O Búnker xa a tiña hai tempo. Lembro que nun podcast estamos falando de ideas que nunca se levaron a cabo, pero que eran moi boas ideas. E eu dixen que unha moi boa idea, que se me ocorrÃa a min, era facer unha sitcom que transcorrese nun búnker nunha situación postapocalÃptica de guerra nuclear ou similar. Porque claro, as sitcoms teñen uns escenarios moi limitados, dos que non se pode saÃr en teorÃa e un búnker, nunha situación na que tes que estar no búnker si ou si, é unha moi boa idea para aproveitar. Tiven esa idea que soltei nun podcast asà de paso, e agora, que me decidÃn a facer algo de animación, dixen: "por que non recuperar esa idea de facer unha serie nun búnker pero metelo co rollo galego e a retranca?". E foi asà como xurdiu.
– Ese detalle de coller as referencias populares galegas e metelas nunha animación, foi unha inspiración en producións como South Park ou foi máis ben un xeito de trasladar a tradición das tiras cómicas á animación?
– Un pouco as dúas cousas. É verdade que teño moita influencia de series tipo Adult Swim, South Park... cousas que tiran polo drama, como BoJack Horseman e outras series asà dese estilo. E tiña moita nostalxia do XabarÃn e desas series que eran case todas de animación xaponesa, pero que adaptadas ao galego coa dobraxe galega e coa tradución galega, na que os propios tradutores metÃan pequenas cousiñas da cultura galega. E dixen: "este é o rollo que quero eu para a miña serie". Ese rollo que tiña Arale, que tiña Doraemon, Shin Chan... ese rollo de comedia, un pouco de picardÃa, mesturada co rollo un pouco máis punk de Adult Swim, de South Park. Mesturando un pouco iso foi como saÃu O Búnker.
– A moitos o que lles sorprenderá é ver en ti eses toques de humor cando estamos afeitos a ver, por exemplo, as bandas deseñadas que publicas con Demo Editorial, que son cousas bastante serias. Pero ti, cando estiveches ao outro lado do Atlántico, xa tiñas tamén esa faceta humorÃstica presente.
– Si, é verdade. De feito, eu cando empecei a facer banda deseñada pola miña conta, debuxando eu, sempre tirei polo humor. Eu tiña unha personaxe que se chamaba Bessy, que era como unha nena zombi que tiña aventuras moi tolas. E saquei precisamente dous cómics alÃ, en Arxentina e en Uruguai, cando vivÃa alÃ. As primeiras cousas que publiquei debuxadas por min eran todas de corte humorÃstico, moi influenciado pola escola de Bruguera. As miñas orixes sempre foron esas.
Sempre tiven ganas de facer algo máis serio: temas polÃticos, ciencia ficción, históricos... Pero daquela non me vÃa capaz de debuxar ese tipo de historias ata que por fin dixen: "o que teño que facer é buscar un debuxante e listo". E foi cando tirei cara o tema do guión e con historias que tiña na cabeza, máis serias, que querÃa facer.
A parte máis underground e de máis humor, sempre a deixei para debuxar eu, porque penso que encaixa un mellor co meu estilo e é algo que nunca abandonei. Sempre me gusta facer un pouco de todo. Teño creacións históricas, dramáticas, cousas de humor, fantasÃa... gústame tocar todos os paus. Non me gusta centrarme en ser un autor que só fai terror, por exemplo, ou ciencia ficción.
– Pero eses proxectos os desenvolviches habitualmente da man de editoras, pero coa animación fuches por libre. Tes intención de levalo a unha liña máis profesional colaborando con algunha produtora ou algunha plataforma de distribución?
– EstarÃa ben. De feito, o que fixen agora foi unha tempada cero, que é como intento asentarme como animador, porque son autodidacta na animación, aÃnda que como guionista xa teño máis de experiencia e máis de formación tamén. Pero eu o que querÃa era demostrarme a min mesmo que son capaz de facer algo de forma continuada, e coller un pouco a experiencia e o ritmo para facelo.
Creo que xa fun capaz de coller ese ritmo e de atopar ese estilo que busco. Entón, como eu empecei sen unha idea fixa de ata onde querÃa chegar, tampouco pensara nin en distribuidoras nin nada parecido. Pero isto tamén está feito a nivel promocional: isto é o que fago, se a alguén lle interesa, estou disposto.
– E dende o punto de vista tecnolóxico, que ferramentas usas para a túa animación?
– Eu empecei con Adobe Animate, que era o antigo Flash, pero non me terminaba de gustar o tema vectorial. A min gústame máis a animación tradicional, fotograma a fotograma. Debuxas un fotograma, debuxas o seguinte, animación clásica de toda a vida. Buscando programas que fosen máis sinxelos, orientados a esta animación fotograma a fotograma, e que a pesar de ser sinxelos, tivesen capacidade como para facer algo profesional, encontrei este software que se chama Krita, que é un software de código aberto, bastante sinxelo de usar. Se vés de software como Adobe Animate ou OpenToonz ou ese tipo de animación vectorial, é moi fácil coller como funciona o Krita.
Estou moi cómodo con este software, que ademais é de código aberto, xa ten 20 anos, e conta cunha comunidade moi activa que o vai renovando, metendo filtros, metendo todo tipo de efectos. Polo de agora vou usar este programa.
– E xa que falamos de ferramentas informáticas que usas, estiveches un tempo experimentando co Arcade Game Studio, non? Como se che deu por facer videoxogos retro?
– É verdade. Hai un tempo, coñecÃn ese programa que se chamaba Arcade Game Studio, que era como un motor tamén moi sinxelo orientado a facer arcades clásicos en dúas dimensións, que podÃan ser os clásicos shoot ’’em up de naves ou plataformas en 2D. Sempre un pouco limitado a estes dous xéneros, pero vin que habÃa moita xente facendo cousas con este software, e eu sempre me meto en moitas máis cousas das que podo facer. Un dÃa descargueino e dixen: "vou probar a ver que se pode facer con isto". Ocorréuseme facer un videoxogo de Game of Thrones, de Xogo de Tronos, e tivo moito éxito porque era de Xogo de Tronos. Ao ser unha franquÃa xa establecida, tiven que dalo gratuÃto, por suposto. Pero si que me gustou moito a experiencia. Despois fixen un par máis. Fixen un ambientado no universo de Warhammer e outro que era unha adaptación a xogo retro da pelÃcula Mandy de Nicolas Cage, que tamén está curioso. Despois non me seguÃn metendo. É verdade que probei a experimentar con ferramentas un pouco máis profesionais (Godot e Unity) pero ese é un mundo no que se te metes é para non saÃr e para non facer outra cousa. É un mundo no que, polo de agora, polo menos facendo eu todo, non creo que me meta proximamente. Pero non o descarto, porque como sempre acabo meténdome en moitos proxectos.
– O que si podemos esperar de ti é que sigas progresando no mundo da animación para plataformas dixitais.
– Si, isto espero que siga adiante. Por sorte ten boa acollida, á xente gústalle, compártese bastante. Agora estou combinando o que é a serie de O Búnker con pequenas curtas con audios coñecidos, extraÃdos de entrevistas ou similares, que tamén están funcionando moito, porque ao ser máis curtos fanse virais facilmente. Combinando un pouco isto, intentarei que creza un pouco, e a ver ata onde chego.
Agora empezará a tempada 1 de O Búnker, tras deixar que pase un pouco Viñetas para coller folgos para empezar con forza. Tamén estou considerando se fago unha historia máis longa dividida en capÃtulos ou sigo cos capÃtulos curtos autoconclusivos. Teño que pensar un pouco por onde vou ir, pero si que está claro que me vou centrar durante unha tempada niso, e por suposto, seguindo a escribir guións para banda deseñada, que tamén é algo que non vou deixar.
Primeira entrega de O Búnker
