Nova cámara Instax de Fujifilm

martes, 15 de maio do 2018 Marcus Fernández

A fotografía dixital provocou a produción masiva de instantáneas que normalmente rematan no esquecemento, polo que compañías como Fujifilm levan un tempo buscando aproveitar unha corrente en contra apostando polos soportes físicos, e así agora anuncian a nova cámara Instax Square SQ6, que vén a ser unha pequena cámara de 128,1 x 118,7 x 58,1 milímetros e 393 gramos de peso que funciona con follas de película fotográfica de 86 x 72 milímetros nos que se rexistra unha imaxe de 62 x 62 milímetros que claramente busca replicar as clásicas Polaroid.
A nova cámara conta con pantalla LED, numerosos modos de disparo (incluíndo a posibilidade de realizar dúas exposicións coa mesma película) e un deseño sinxelo e estilizado que busca atraer tanto a nostálxicos das cámaras instantáneas como a quen busca unha experiencia alternativa á fotografía co móbil, rexistrando as instantáneas en papel para darlle un valor especial que, aínda que non se corresponda con calidade de imaxe, ten o seu encanto, como demostra o feito de que a familia Instax superase os 30 millóns de unidades vendidas en todo o mundo.

JPEG - 100.2 KB
A Instax Square SQ6 sairá á venda en 3 cores distintas

PUBLICIDADE