Nova cámara dixital de Fujifilm con zoom óptico de 26x
xoves, 24 de novembro do 2011
A familia de cámaras bridge
Fujifilm X estrea o seu terceiro modelo, a Fujifilm X-S1, que presenta un
acabado de alta calidade para satisfacer aos amantes da fotografía, aos que
quere cativar coa súa versatilidade, xa que está cámara dixital vén cun impresionante
zoom óptico de 26x, unha boa apertura e incluso un modo Super Macro que permite fotografar obxectos a só 1 centímetro de
distancia.
Esta nova cámara conta cun sensor EXR CMOS de 12 Mpíxeles, pode tirar 7 imaxes
por segundo a resolución completa ou 10 imaxes por segundo a 6 Mpíxeles, conta
cun visor de 0,7 polgadas e 1,44 Mpíxeles, unha pantalla LCD de 3 polgadas, ISO
100-12.800, gravación de vídeo Full HD en formato H.264 (MOV), estabilización
óptica de imaxe, modo para tomar panorámicas de 360 graos, batería recargable
que permite disparar unhas 500 fotografías cunha única carga, saída de vídeo
mini HDMI, unhas medidas de 135 x 107 x 149 milímetros e un peso de 920 gramos
(coa batería incluida).
Sairá á venda en febreiro, e polo
momento xa se coñece o seu prezo no Reino Unido: 699 libras esterlinas
(811,85 euros).
