Nova incorporación ao panorama formativo-dixital galego
xoves, 6 de setembro do 2012
Proxecta, iniciativa
que vén da man da Fundación Amancio Ortega, ten
prevista a súa presentación o vindeiro 10 de setembro (polo de agora
trátase dunha páxina web con acceso restrinxido). O obxectivo é que sexa unha
comunidade docente ou rede social onde poidamos atopar, de xeito doado,
recursos innovadores e estratexias de traballo en mancomún para o
desenvolvemento de ferramentas novas. A idea, a maiores, e pór a disposición
das mestras e mestres "artigos
sobre metodoloxÃa, para coñecer mellor os tempos de aprendizaxe e os procesos
cerebrais dos alumnos, enlaces a experiencias didácticas innovadoras doutros
docentes, asà como video-tutoriais sobre ferramentas e aplicacións de uso
educativo".
