Nova tarifa de datos móbil para PC e tablets de Vodafone

martes, 15 de marzo do 2011 Marcus Fernández

As tarifas de datos móbiles máis económicas de Vodafone para navegar dende o ordenador ou dispositivos tipo tablet renóvanse, de xeito que a anterior Navega Mini vese substituída pola Internet Contigo 15, de xeito que os clientes de contrato poden optar agora por unha conexión de datos 3G cunha velocidade de 7,2 Mbps para os primeiros 500 Mbytes de transferencia ao mes que baixan a 128 Kbps tras superar o límite mencionado por só 15 euros/mes (9,5 euros/mes os 6 primeiros meses de contratar o servizo antes de finalizar maio).
Esta nova conexión inclúe a posibilidade de mercar o dispositivo Mobile WiFi R201 por só 9 euros (se adquirimos un compromiso de permanencia de 18 meses), que pode empregarse como modem 3G por USB ou como router Wi-Fi para manter a conexión de ata 5 equipos e que integra unha batería que permítelle funcionar sen conectar a corrente durante ata 4 horas.