Novas lentes para eludir a vixilancia electrónica

martes, 2 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Os sistemas de vixilancia electrónica provoca a paranoia de moita xente que busca métodos de non sentirse espiados, de aí que hai un par de anos chegasen a Kickstarter unhas curiosas lentes reflectantes que cegaban ás cámaras de vixilancia, de xeito que non se podería recoñecer a cara do usuario nunha gravación, e agora, na mesma liña, os seus promotores volven á plataforma de micromecenado con IRpair & Phantom, unha colección de lentes de sol deseñadas para bloquear o recoñecemento facial, o seguimento da mirada e a radiación infravermella.
Estas novas lentes, que véndense por a partires de 124 dólares (uns 121 euros cos gastos de envío incluídos), están equipadas uns cristais que reflicten a radiación infravermella, de xeito que resultan opacas para cámaras de infravermellos (tecnoloxía moi empregada en cámaras de seguridade e en sistemas de recoñecemento facial), á vez que no seu marco tamén utilizan a tecnoloxía Phantom propia das lentes que venderan hai un par de anos, e que ante a visión nocturna crea iluminación ao redor do espazo dos ollos, dificultando a operación aos sistemas de recoñecemento que operan en numerosos espazos públicos, permitindo así que os usuarios poidan conservar a súa privacidade.

JPEG - 72.2 KB
As lentes poden equiparse cuns acoples para unha maior protección ante a luz do sol

Exemplo de como grava unha cámara con visión nocturna a unha persoa con lentes de Reflectacles

PUBLICIDADE