Novo dron profesional compacto de DJI
mércores, 17 de setembro do 2025
DJI presentou hoxe o DJI Mini 5 Pro, un dron compacto que incorpora por primeira vez nun modelo mini un sensor CMOS de 1 polgada e 50 MpÃxeles. A novidade chega acompañada dunha baterÃa que permite ata 36 minutos de voo, gravación vertical real, rotación flexible do estabilizador en 225 graos e un sistema de detección de obstáculos omnidireccional incluso en condicións de pouca luz.
O DJI Mini 5 Pro está pensado para ofrecer imaxes de nivel profesional nun corpo do tamaño da man. Grazas ao seu sensor, captura con detalle escenas en ambientes nocturnos ou con baixa iluminación, e engade un modo Med-Tele de 48 mm para retratos con maior textura e profundidade. O dispositivo admite vÃdeo HDR en 4K a 60 fps con ata 14 pasos de rango dinámico, cámara lenta en 4K a 120 fps e gravación en 10 bits con codificación H.265, incluÃndo modos de cor D-Log M e HLG.
No apartado de deseño, destaca a gravación vertical real para contidos adaptados a redes sociais e a posibilidade de realizar paneos dinámicos coa rotación de empenamento de 225 graos. Os modos intelixentes inclúen QuickShot, MasterShots, Timelapse, Spotlight e Voo de Traxectoria, pensados para facilitar planos creativos sen necesidade de experiencia avanzada.
En canto á seguridade, o novo dron integra un sistema de visión con LiDAR frontal, lentes de ollo de peixe dianteiras e traseiras, sensores binoculares e un sensor infravermello 3D inferior. Esta combinación permite detectar obstáculos en todas as direccións, tamén en escenarios urbanos nocturnos. Ademais, pode memorizar rutas de voo cando hai suficiente iluminación, o que garante o regreso seguro incluso en ausencia de sinal satelital. O posicionamento complétase cun GNSS de dobre banda L1 + L5 para unha conexión máis estable cos satélites.
A función ActiveTrack 360° chega mellorada, con seguimento personalizable que adapta velocidade e encadre a diferentes situacións, desde paseos en bicicleta ata escenas deportivas. A transferencia de ficheiros pode realizarse a través de Wi-Fi 6 a 100 MB/s, mesmo co dron apagado, grazas á función QuickTransfer vÃa Bluetooth.
O dron sae ao mercado acompañado do plan de protección DJI Care Refresh, que cobre danos por colisión, perdas en voo ou contacto con auga. Está dispoñible en versión de 1 ano con ata dúas substitucións ou de 2 anos con ata catro substitucións.
O DJI Mini 5 Pro xa está dispoñible para a súa compra na súa versión básica por 799 euros, no pack Voa Máis con mando RC-N3 por 999 euros e no pack Voa Máis con mando RC 2 por 1.129 euros.
VÃdeo de presentación do DJI Mini 5 Pro
