Novo móbil resistente de Samsung

luns, 31 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Orange vén de conseguir para o seu catálogo de móbiles o Samsung B2710, interesante terminal non polas súas avanzadas prestacións, senón pola súa resistencia, pois é capaz de soportar auga, lama, caídas e temperaturas extremas (opera entre -20 e 60 graos centígrados). Ten unha pantalla TDT de 2 polgadas resistente a rabuñaduras, auga e po, e incluso podemos somerxer o terminal a 1 metro de profundidade durante 30 minutos.
Pensando nos usuarios máis aventureiros, o Samsung B2710 incorpora podómetro, altímetro, compás dixital e lanterna. O seu teclado convexo ten un tacto suave e posibilita o seu uso incluso con luvas e tamén conta con altofalantes, cancelación de ruído e soporte de mensaxería instantánea e redes sociais.

PUBLICIDADE