Novo número da revista O Barbanza

martes, 30 de xuño do 2020 Redacción

O Grupo Código Cero publica un novo número da revista mensual O Barbanza, que nesta ocasión trata a actualidade do que pode gozarse nesta primeira parte do verán na comarca do Barbanza. Neste tempo sen festas realízase unha proposta de alternativas de lecer que están a organizar os concellos, como o cinema ao aire libre ou as rutas pola natureza e as praias.
O número 11 da revista O Barbanza tamén fai balance da COVID-19 na comarca e aborda como vai o relanzamento económico do sector conserveiro, base da economía da zona. Por último, a uns días das eleccións autonómicas do 12 de xullo, a publicación convidou aos partidos políticos a contar os seus proxectos para O Barbanza e para Galicia.
A revista pode atoparse en formato físico en numerosos locais da comarca, sendo tamén posible a súa consulta en liña.

PUBLICIDADE