Novo sensor de 410 MpÃxeles de Canon
xoves, 23 de xaneiro do 2025
Canon anunciou hoxe que desenvolveu un sensor CMOS con 410 megapÃxeles (24.592 x 16.704 pÃxeles), o maior número de pÃxeles conseguido ata agora nun sensor de formato completo de 35 mm, que poderase ver a finais de mes en San Francisco no marco da feria SPIE Photonics West. Pretenden que este sensor se utilice en aplicacións que requiran unha resolución extrema en diversos mercados, incluÃndo a vixilancia, a medicina e a industria.
O novo sensor CMOS presenta unha resolución equivalente a 24K, o que permite recortar calquera parte da imaxe capturada por este sensor e ampliala significativamente mantendo unha alta resolución e mantendo o sensor no tamaño full frame, sen dar o salto a formato medio ou superior.
O novo sensor emprega unha formación apiada retroiluminada na que o segmento de pÃxeles e o segmento de procesamento de sinais están intercalados, ademais de incluÃr un patrón de circuÃtos redeseñado. Como resultado, o sensor é capaz de conseguir unha velocidade de procesamento de datos superalta de 3.280 megapÃxeles por segundo, ofrecendo vÃdeo a 8 fotogramas por segundo.
Este sensor tamén conta cunha función de binning de catro pÃxeles, que trata virtualmente catro pÃxeles adxacentes como un só, mellorando asà a sensibilidade e permitindo capturar imaxes máis luminosas. Cando esta función está activada, o sensor pode capturar vÃdeo de 100 megapÃxeles a 24 fotogramas por segundo.