Novo teclado sen fíos en miniatura
venres, 5 de marzo do 2010
Os teclados sen fíos de
reducidas dimensións son moi útiles para presentacións ou para controlar a
certa distancia un ordenador conectado ao televisor do salón, e dentro desta
liña de produtos na tenda de Brando incorporan por 92 dólares (67,50 euros) o Rii
Mini Wireless Keyboard, teclado con 69 teclas retroiluminadas que en só 15,1 x 5,9 x 1,3 centímetros consegue
incorporar tamén un touchpad, de xeito que tamén serve para ocupar as
funcións dun rato informático.
O dispositivo funciona cunha batería recargable, comunícase sen fíos cun
receptor USB sen fíos (que opera ata a 30 metros de distancia), pesa só 103
gramos e incluso integra un punteiro láser, o que resultaría moi práctico para
presentacións multimedia.