Novo xogo en liña con preguntas sobre o Camiño de Santiago e Galicia
venres, 8 de xuño do 2007
O Camiño de Santiago estrea un xogo en liña de
preguntas e respostas sobre a Ruta Xacobea e Galicia, creado por Juan Carlos
González, director xeral da corporación Santino, que con 315 preguntas
(coincidentes co número de concellos da nosa comunidade autónoma) interroga ó
usuario con cuestións relacionadas co concello polo que se pasa nalgunha das
principais vÃas do Camiño, nun xeito orixinal de entreterse e desenvolver
coñecementos culturais sobre Galicia.
A aventura que se lanza dende a web Conocecamino.com
non ten principio nin final, sendo o seu obxectivo responder ás preguntas, para
o que se poden achegar axuda a través dos buscadores de Internet, o que tamén
axuda a exercitar esta capacidade dos internautas.
A resolución das preguntas tradúcese en créditos que se poderán canxear nun panel
de premios entre os que están viaxes, coches, ordenadores, televisores ou
premios en metálico.
Trátase ademais dun xogo vivo, que aparte das preguntas, incorpora probas
semanais, mensuais e premios adicionais para manter o interese do xogador.
No futuro procurarán integrar o xogo nun portal comercial que sirva de
escaparate na Rede para promocionar e vender produtos galegos.
O programa A Revista da TVG tamén falou desta orixinal iniciativa:
