Novos auriculares de alto rendemento de Logitech
xoves, 22 de maio do 2025
Logitech G presentou oficialmente os novos auriculares para gaming G522 Lightspeed, a última incorporación á súa premiada serie G5, deseñados para mellorar a experiencia de xogo tanto a nivel técnico como estético. Con conectividade sen fÃos Lightspeed, Bluetooth e USB-C, drivers PRO-G de alta fidelidade e un deseño pensado para longas sesións, os G522 sitúanse como unha opción atractiva para xogadores intensivos.
Os auriculares G522 permiten cambiar sen interrupcións entre PC, consolas ou móbiles, e incorpora tamén o procesamento dixital de 48 kHz/24 bits para unha inmersión sonora precisa, ideal para identificar sons clave como pasos afastados ou recargas.
O novo modelo recolle a herdanza do popular G733 pero cun salto visual e funcional: liñas máis suaves, melloras ergonómicas e un enfoque renovado no deseño. A súa estrutura incorpora unha nova banda de suspensión máis plana e transpirable, xunto con copas auriculares máis anchas, espuma con memoria e tecidos máis suaves e resistentes. Todo isto baséase en probas realizadas con xogadores que usan lentes ou pendentes, para garantir unha comodidade universal.
A calidade do micrófono tamén dá un paso adiante: ofrece unha gravación a 48 kHz/16 bits, reforzada coa tecnoloxÃa BLUE VO!CE que permite aplicar filtros e efectos en tempo real para unha comunicación nÃtida, tanto en partidas competitivas como en retransmisións en directo.
Os xogadores poden personalizar a súa experiencia a través do software G HUB e da aplicación móbil de Logitech G, axustando o ecualizador de 10 bandas, o sistema de iluminación LightSync RGB e gardando ata tres perfÃs directamente no auricular.
Xa dispoñibles en cores branca e negra a un prezo recomendado de 179 euros, os G522 intégranse no ecosistema G5 Series xunto ao rato G502 e o teclado G515, formando unha combinación perfecta de rendemento, estilo e tecnoloxÃa avanzada.
VÃdeo promocional da familia de produtos G5 de Logitech
