Novos equipos Surface para o mercado empresarial
xoves, 30 de xaneiro do 2025
Microsoft anuncia hoxe os novos Copilot+ PC da familia Surface para o mercado empresarial: Surface Pro e Surface Laptop, agora dispoñibles cos últimos procesadores Intel Core Ultra (Series 2), que poderán adquirirse a partir do 18 de febreiro. Os clientes empresariais poderán escoller entre Copilot+ PC Surface con procesadores Intel ou Snapdragon.
Tamén adiantan que a finais de 2025 introducirán no seu catálogo profesional o Surface Laptop 5G, buscando atender a demanda de equipos portátiles con conectividade móbil. Este novo ordenador está equipado cun procesador Intel Core Ultra (Series 2).
O novo Surface Laptop chega con procesador Intel Ultra (Series 2), baterÃa de até 22 horas de autonomÃa, Wi-Fi 7 e pantalla antireflexos que estará dispoñible en dous tamaños (13,8 polgadas e 15 polgadas). O seu prezo de partida recomendado é de 1.759 euros.
Pola súa banda, o novo Surface Pro tamén estará dispoñible con procesador Intel Core Ultra (Series 2), un importante incremento de autonomÃa fronte a versión anterior deste equipo (á vez que mellora o rendemento gráfico e a potencia gráfica) e cunha pantalla PixelSense de 13 polgadas con opción de panel OLED. O prezo de saÃda recomendado deste equipo tamén serÃa de 1.759 euros.
VÃdeo coas novidades de Microsoft para o mercado empresarial